A Biblioteca Universitaria vén de presentar o informe Publicacións científicas da Universidade de Vigo 2018, elaborado a partir dos datos extraídos das bases de datos Web of Science (Wos) e Scopus...
Co gallo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e das actividades Bibliolab, organizadas pola Unidade de Igualdade coa colaboración da Biblioteca Universitaria, presentamos un estudo sobre a presenza da violencia de xénero nas publicacións científicas e o número 6 do boletín Impacto que recolle os datos máis relevantes obtidos no estudo...
Coa chegada dos exames de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria organizou un novo período de aperturas especiais (nocturnas e fins de semana) desde o vindeiro sábado, día 23 de novembro, ata o xoves 23 de xaneiro...
Coa chegada do verán, e unha vez rematados os exames de xullo, a Biblioteca Universitaria pon en marcha os horarios reducidos de verán a partir do 8 de xullo e ata o 30 de agosto...
O novo número do boletín Impacto está dedicado ao número de citas e impacto normalizado que acadan en WOS os artigos publicados por membros da Universidade de Vigo entre 2009 e 2018. Este boletín recolle unha escolma dun traballo máis amplo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria, que se pode consultar na guía de Informes e estudos bibliométricos...