25 marzo, 2020 | 21:44:00

Editores e provedores de contidos dixitais ofrecen acceso gratuíto pola crisis do COVID-19

Para axudar aos estudantes, profesores e investigadores que, a causa da propagación da pandemia do COVID-19, deben traballar e estudar a distancia, algúns editores, provedores de contidos e plataformas están a ofrecer acceso gratuíto temporal aos seus recursos dixitais (libros e revistas electrónicas, artigos, webs, etc.)…

Co paso dos días, son cada vez máis os editores e provedores, tanto estranxeiros como españois, que se están a sumar á iniciativa. Na web da Biblioteca Universitaria, na sección "servizos bibliotecarios" , creouse un apartado para ir dando conta destes recursos de acceso gratuíto temporal en beneficio dos membros da nosa comunidade universitaria. Conforme novas empresas e institucións váianse sumando, iremos actualizando a información.

Neste senso hai que salientar a "Declaración da Coalición Internacional de Consorcios de Bibliotecas (ICOLC) sobre a pandemia mundial COVID19 e o seu impacto nos servizos e recursos da biblioteca" (existe versión en castelán). A declaración é un chamamento aos editores e provedores de contidos para que eliminen restricións de uso aos seus recursos co fin de facilitar o traballo a distancia de estudantes, profesores e investigadores, en especial a información relacionada co coronavirus.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

agosto 2020
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2020 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal