13 marzo, 2018 | 08:47:00

Nace ”Impacto” o boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

A Biblioteca Universitaria presenta o seu novo boletín, Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo. O número 0, publicado o 8 de marzo, está dedicado á bibliometría e á presenza da Universidade de Vigo en Google Académico desde unha perspectiva de xénero...

9 novembro, 2017 | 14:29:00

Aperturas especiais de bibliotecas en novembro e decembro 2017 e xaneiro 2018

Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai organizar unha programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 25 de novembro e ata o 18 de xaneiro de 2018.  As datas e horarios desta programación son os seguintes...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
5 xuño, 2017 | 12:19:00

Aperturas especias de bibliotecas co gallo dos exames extraordinarios de xuño-xullo

Co gallo da convocatoria extraordinaria de exames, a Biblioteca Universitaria organizou un novo período de aperturas especiais a partir do vindeiro sábado 10 de xuño, cos seguintes calendarios e horarios...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
24 abril, 2017 | 08:44:00

Exposición libros salvavidas no campus de Vigo

Co gallo do Día do Libro, e como actividade paralela á campaña Libros salvavidas, a biblioteca central do campus de Vigo acolle unha exposición bibliográfica relacionada coa axuda humanitaria, cos conflitos que provocan éxodos e coas migracións. Libros e películas estarán expostos ata final de mes (neste tempo tamén se poden levar en préstamo eses libros). Pódese ver o contido da mostra en Pinterest...

19 abril, 2017 | 14:50:00

Campaña ”Libros salvavidas”

A Biblioteca Universitaria de Vigo pon en marcha a campaña "Libros salvavidas" co fin de mobilizar a comunidade universitaria ante unha das maiores crises humanitarias da historia, que leva a máis dun millón de persoas a emprenderen unha perigosa travesía polo Mediterráneo cara ás costas europeas. Libros salvavidas consiste na recollida, en todas as bibliotecas da universidade, de libros en bo estado que calquera persoa queira doar (novelas, cómics, libros de cine, de música, libros infantís... non libros de texto nin de investigación). Venderemos estes libros nos mercados solidarios que instalaremos nos tres campus os días 25, 26 e 27 de abril, e toda a recadación irá destinada á ONG Proem-aid, que socorre as persoas que chegan por mar á illa de Lesbos.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en actos

<< < 6 7 8 9 10 11 12 13 14 > >>
Amosando páxina 10 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal