23 abril, 2010 | 13:33:00

Día do Libro, unha invitación a ler

Co gallo do Día do Libro, publicamos hoxe a cuarta ampliación do xa clásico, "O libro no libro" que xurdiu en 2008.  Esta mostra propon unha selección de novelas nas que o libro é, dalgún xeito, o protagonista.  Encuadernadoras de libros prohibidos, cadáveres na biblioteca, mafias libreiras, "sillóns" de academia malditos, bibliotecarias intrépidas, gatos de biblioteca (si, gatos)...  Todas as súas historias están á vosa disposición na Biblioteca Universitaria.

9 marzo, 2010 | 09:56:00

Comeza o mercadillo solidario de libros por Haití

Rematada a recollida de libros para a iniciativa solidaria Libros por Haití, infórmase á comunidade universitaria das datas e centros onde terán lugar os mercadillos.  Non deixedes pasar esta pequena oportunidade de axudar aos haitianos e de mercar boa literatura...

1 marzo, 2010 | 10:44:00

Enquisa PREME: a satisfacción cos edificios e instalacións bibliotecarias

Con obxecto de mellorar o sistema de recollida da opinión dos usuarios, a Biblioteca vén de reformular o proxecto de enquisas PREME que a partir de xaneiro pasou a basearse en preguntas de carácter bimestral.  Con iso redúcese o número de preguntas a contestar durante o ano polos usuarios e, sobre todo, amplíase o prazo de recollida coa finalidade de incrementar os niveis de resposta ata o de agora rexistrados.  Rematada a pregunta dos meses de xaneiro e febreiro (satisfacción cos horarios da Biblioteca), durante os meses de marzo e abril formulase unha pregunta sobre os edificios e instalacións das bibliotecas.

Publicado por GMG | Comentarios (1)
Archivado en calidade , enquisas
18 febreiro, 2010 | 10:27:00

Libros por Haití

Con motivo do recente terremoto de Haití, na Biblioteca Universitaria da UVigo estase a organizar un mercadillo solidario de libros.  Os cartos recadados coas ventas doaranse integramente á Cruz Vermella. Co obxectivo de implicar á comunidade universitaria, a Biblioteca invita a participar a todos e todas na iniciativa: solidarízate con Haití; participa e lé!

20 xaneiro, 2010 | 11:06:00

”Radiografía do medo”, mostra de mail art na Biblioteca Central do campus de Pontevedra

Baixo o título "Radiografía do Medo" a Biblioteca Central do campus de Pontevedra acolle nestes días unha mostra de mail art na que 137 artistas de todo o mundo amosan a súa visión persoal desa emoción universal chamada medo...

Publicado por GMG | Comentarios (1)
Archivado en expos

<< < 24 25 26 27 28 29 30 31 32 > >>
Amosando páxina 28 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal