1 marzo, 2010 | 10:44:00

Enquisa PREME: a satisfacción cos edificios e instalacións bibliotecarias

Con obxecto de mellorar o sistema de recollida da opinión dos usuarios, a Biblioteca vén de reformular o proxecto de enquisas PREME que a partir de xaneiro pasou a basearse en preguntas de carácter bimestral.  Con iso redúcese o número de preguntas a contestar durante o ano polos usuarios e, sobre todo, amplíase o prazo de recollida coa finalidade de incrementar os niveis de resposta ata o de agora rexistrados.  Rematada a pregunta dos meses de xaneiro e febreiro (satisfacción cos horarios da Biblioteca), durante os meses de marzo e abril formulase unha pregunta sobre os edificios e instalacións das bibliotecas.

No ámbito dos edificios e instalacións, e con relación á situación anterior, tivo lugar unha novidade salientable como é a posta en servizo da nova biblioteca de Ciencias Experimentais, no campus Lagoas-Marcosende, que foi inaugurada a finais de 2009. Xunto a ela integran a rede bibliotecaria: as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra, e as bibliotecas de Torrecedeira en Vigo, a biblioteca de Belas Artes en Pontevedra, e as bibliotecas de Ciencias Xurídicas, de Económicas, de Filoloxía e Tradución, de Telecomunicación e de Industriais-Minas todas elas no campus Lagoas-Marcosende (Vigo).

Unha vez máis a Biblioteca anima aos seus usuarios e usuarias a responder a esta pregunta que estará dispoñible ata o próximo 30 de abril: Parécenlle satisfactorios os edificios das bibliotecas da UVigo (confort, amplitude, limpeza, postos de estudo)?

comentarios

Sería estupendo poder contar con una biblioteca para uso en fines de semana y festivos, sería una buena forma de dar trabajo a un par de personas más y además dar un servicio fundamental para una universidad como la que tenemos con unas instalaciones maravillosas (podrían plantearse abrir la biblioteca de Torrecedeira o la Central (más complicado para la gente que no tenga coche), es unos de los problemas que hay en Vigo al que nadie pone solución (sobre todo para los que trabajamos toda la semana como es mi caso y tenemos el fin de semana más "libre" para estudiar) Saludos Tony
Publicado por: tony | 01/04/2010 17:28:20
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

marzo 2017
LMMXVSD
272812345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal