13 novembro, 2008 | 11:25:00

A Biblioteca celebra o ”Día Mundial da Calidade” e a ”XIV Semana Europea da Calidade”

Hoxe, día 13 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial da Calidade en torno ao cal na Comunidade Europea ten lugar a XIV Semana Europea da Calidade. A Biblioteca da Universidade de Vigo, cuxo sistema de xestión da calidade foi certificado en decembro de 2006 baixo a norma ISO 9001:2000, quere, desde o seu blog corporativo, conmemorar de forma sinxela, pero sincera, esta festa da calidade.

4 novembro, 2008 | 11:01:00

A Biblioteca lanza o proxecto ”PREME” (unha pregunta cada mes)

No seu esforzo por tratar de coñecer mellor a opinión e o grao de satisfacción dos seus usuarios, a Biblioteca da Universidade de Vigo pon en marcha o proxecto PREME (unha pregunta cada mes). "PREME" da nome ao conxunto de enquisas dixitais concibido para captar de forma áxil e sinxela o nivel satisfacción dos usuarios coa Biblioteca.

23 outubro, 2008 | 14:15:00

A Biblioteca Universitaria publica a súa Carta de Servizos

A Biblioteca Universitaria ven de publicar a versión 1 da súa Carta de Servizos aprobada pola Comisión de Biblioteca en febreiro de 2008. A Carta de Servizos é un documento no que a Biblioteca informa publicamente aos seus usuarios, e comunidade universitaria en xeral, dos servizos que ofrece e dos compromisos de calidade na súa prestación.

16 outubro, 2008 | 11:54:00

O CONSORCIO BUGALICIA ESTUDA A PRODUCION CIENTÍFICA DOS INVESTIGADORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

O Consorcio Bugalicia elaborou tres estudos bibliométricos sobre a produción científica dos investigadores do Sistema Universitario Galego (SUG) segundo as bases de datos do ISI e Scopus de Elsevier.

26 setembro, 2008 | 13:06:00

”Mercando libros”, o blog da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria

Blogdabiblio compracese en presentar á comunidade universitaria e aos internautas en xeral o novo blog "Mercando libros" xurdido como iniciativa da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria de Vigo.


<< < 22 23 24 25 26 27 28 29 30 > >>
Amosando páxina 26 de 147 rexistros

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

febrero 2018
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627281234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2018 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal