10 novembro, 2010 | 10:18:00

Pregunta da enquisa PREME de novembro-decembro: a satisfacción xeral coa Biblioteca

Coa chegada dos dous últimos meses do ano 2010, a Biblioteca, dentro do seu interese por coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias, lanza a pregunta anual da súa enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral.  A diferenza das preguntas doutros meses, dirixidas a aspectos concretos do servizo (instalacións, persoal, coleccións...), esta pregunta intenta averiguar que opina a comunidade universitaria e o resto de usuarios sobre o funcionamento en xeral da Biblioteca.

Tanto esta pregunta como as enquisas PREME no seu conxunto, constitúen un elemento imprescindible para levar adiante a filosofía de mellora continuamente propia do seu sistema de xestión da calidade. A Biblioteca prega aos usuarios e usuarias que colaboren nesta dinámica da mellora continua respondendo a esta pregunta de forma completamente anónima.  Así mesmo anímalles a formular as suxestións que desexen a través do propio formulario (pestana "suxestións").

Para acceder á enquisa,  pulse neste enlace: En xeral, está satisfeito/a co servizo da Biblioteca Universitaria?

Foto: OK, por Dave77459,  Flickr

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal