29 xuño, 2023 | 11:23:00

Horario ordinario de verán das bibliotecas da UVigo (xullo e agosto)

Ao longo dos meses de xullo e agosto as bibliotecas da Universidade de Vigo van axustar os seus horarios ordinarios de apertura ao público co gallo da redución horaria da xornada de traballo e o peche da universidade desde 7 ao 22 de agosto... 

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
23 xuño, 2023 | 11:49:00

Cancelación da antiga versión de RefWorks (RefWorks Legacy)

A Biblioteca Universitaria informa que o vindeiro 30 de xuño cancelarase a antiga versión de RefWorks (RefWorks Legacy) que, desde 2016, estaba a convivir coa nova versión (New Refworks). A partir desa data non será posible acceder as referencias almacenadas na contas da versión Legacy...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en avisos
14 abril, 2023 | 11:52:00

Novo período de aperturas extraordinarias de bibliotecas desde o 29 de abril ao 16 de xullo de 2023

A Biblioteca Universitaria anuncia unha nova programación de aperturas extraordinarias (nocturnas e de fin de semana) con motivo do desenvolvemento do segundo período de exames e da convocatoria de segunda oportunidade. A programación, que comezará o sábado 28 de abril e remataró o vindeiro 16 de xullo, consta do seguinte calendario e horarios...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario , UVigo
29 marzo, 2023 | 12:35:00

I Xornadas sobre Ciencia Aberta na Universidade de Vigo

Os vindeiros días 1 e 2 de xuño de 2023, a Universidade de Vigo vai acoller ás I Jornadas de Ciencia Abierta. Organizadas pola Crue e a universidade viguesa, coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo, as xornadas inclúen, entre outros actos, varias mesas redondas e un obradoiro práctico nos que se abordarán diversos temas relacionados coa ciencia aberta, como a xestión de datos, a publicación en acceso aberto e a avaliación da investigación...

22 decembro, 2022 | 11:04:00

Entra en funcionamento o novo buscador da Biblioteca

Xa está accesible o novo Perseo, o buscador que substitúe ao antigo catálogo bibliotecario e facilita unha procura integrada nos recursos bibliográficos impresos e dixitais dispoñibles na Biblioteca Universitaria, así como noutros recursos alleos. Grazas á súa interface única, Perseo permite buscar no catálogo e nos recursos electrónicos da biblioteca, nas bibliografías recomendadas, no repositorio Investigo e en recursos de acceso aberto. O acceso pode facerse directamente desde o enderezo https://perseo.uvigo.gal ou desde o apartado "Atopar información" da páxina web da Biblioteca, na que tamén se pode atopar unha guía de uso de Perseo...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en catálogo , UVigo

<< < 1 2 3 4 5 6 > >>
Amosando páxina 2 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal