1 outubro, 2009 | 14:21:00

Pregunta ”PREME” de outubro: a satisfacción co catálogo da Biblioteca

Co inicio do novo curso, a Biblioteca Universitaria retoma o seu programa "PREME" de enquisas mensuais dixitais para coñecer o grao de satisfacción dos seus usuarios e usuarias.  Despois do paréntese dos meses de agosto e setembro, a Biblioteca lanza neste mes de outubro unha nova pregunta sobre a opinión dos usuarios co catálogo da Biblioteca.

O catálogo, denominado "Perseo", é accesible a través da web e recolle e referencia a totalidade dos fondos bibliográficos e documentais que forman as coleccións que a Biblioteca poñe a disposición da comunidade universitaria para facilitar as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.  Do mesmo xeito inclúe funcionalidades complementarias como renovación de préstamos, acceso ao rexistro persoal do usuario, procura de bibliografía recomendada polos profesores, difusión das novas adquisicións, caixa de suxestións, etc.  Recentemente a Biblioteca enriqueceuno co servizo "Syndetics" (v. post O catálogo da Biblioteca enriquécese con Syndetics)q ue incorpora aos rexistros bibliográficos informacións complementarias dos libros, vídeos e DVD catalogados (imaxes das cubertas, índices de contido, resumos, reseñas, notas sobre o autor e, en ocasións, algúns capítulos das obras).

A Biblioteca anima aos seus usuarios a responder a esta sinxela enquisa que estará dispoñible desde hoxe, día 1 de outubro, ata o derradeiro día do mes.  Para acceder a enquisa prema aquí.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2017
LMMXVSD
2526272829301
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal