23 setembro, 2009 | 11:07:00

O SCimago Research Group publica o ranking 2009 de institucións investigadoras

O SCImago Research Group (SRG) acaba de anunciar a publicación do Informe Mundial 2009 do Ranking de Institucións de SCImago. O informe contén un ranking das institucións investigadoras con maior produción científica de todo o mundo, analizando o seu rendemento investigador sobre a base de 4 indicadores globais de produción (criterio de ordenación da listaxe), colaboración e impacto científico. O informe, en pdf, pode descargarse en http://www.scimagoir.com.

A listaxe, que se corresponde coa primera versión dos resultados do proxecto de investigación SCImago Institutions Rankings, está desenvolvido sobre a base de datos Scopus (con máis de 16 millóns de publicacións e case 150 millóns de citas), e recolle institucións pertencentes a 84 países que agrupa en cinco sectores: centros de educación superior, entidades públicas de investigación, centros biosanitarios, empresas e outros.

O proxecto SCImago Institutions Rankings (SIR) que leva a cabo o grupo de investigación SRG sobre a base de datos Scopus, é unha plataforma de avaliación da investigación e un xerador de rankings que sirve para analizar os resultados da investigación das universidades e demáis institucións investigadoras.  O SIR ten como obxectivo deseñar ferramentas de análise que permitan aos responsables das políticas e da xestión de recursos de investigación o seguimiento e estudo dos resultados dos seus outputs de investigación.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal