7 xullo, 2009 | 12:04:00

Pregunta ”PREME” de xullo: a satisfacción cos sistemas para informar das novidades da Biblioteca

A pregunta da enquisa "PREME" (unha pregunta ao mes) correspondente ao mes de xullo intenta coñecer o grao de satisfacción dos usuarios e usuarias cos sistemas que emprega a Biblioteca Universitaria (lista de correo ´avisos´, páxina web e blogdabiblio) para mantelos informados das novidades, cambios e demais cuestións de interese sobre o servizo bibliotecario.

Nesta ocasión a pregunta que se formula é: "está vostede satisfeito/a cos sistemas de información de novidades da Biblioteca: lista ´avisos´, páxina web e blogdabiblio?.  Unha vez mais a Biblioteca prega aos seus usuarios e usuarias a colaboración na enquisa respondendo a pregunta ata o vindeiro 31 de xullo.

Na pregunta do mes anterior sobre a satisfacción coas coleccións de libros e revistas impresas que a Biblioteca poñe a disposición dos usuarios, iniciáronse un total de 155 enquisas das cales 74 foron rematadas.  Nas enquisas respondidas a media de satisfacción sitúase nun 3,78 sobre 5, é dicir entre ´algo´ (3 puntos) e ´bastante´ (5 puntos).  Por sectores, de novo foi o PDI quen mais se brindou a responder á pregunta do mes (38%), seguido do alumnado de 1º e 2º ciclo (26%), o PAS (20%), o alumnado de 3º ciclo (12%) e os usuarios externos (4%).  A BIblioteca agradece a totos eles a súa participación.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal