17 xuño, 2009 | 18:25:00

Scopus aumenta a súa cobertura de revistas de Artes e Humanidades con 1.450 títulos máis

Scopus ven de anunciar a incorporación de 1.450 novos títulos de revistas correspondentes ás áreas de Humanidades.  Con iso o número total de revistas de Artes e Humanidades indexadas por Scopus ascende a 3.500 títulos de disciplinas como: historia, literatura e teoría literaria, lingüística, filosofía, arqueoloxía, arte, arquitectura e deseño, educación, psicoloxía, antropoloxía...  Para máis detalles pode consultarse o documento "Arts & Humanities in Scopus".

Grazas a esta ampliación, os investigadores e estudiosos dos ámbitos de Artes e Humanidades, así como os das Ciencias Sociais, non só ven incrementadas as súas posibilidades de procura bibliográfica en Scopus, senón que tamén poden obter un mellor rendemento das ferramentas de Scopus para avaliación da produción científica e análise bibliométrico: journal analyzer, cálculo do índice H, citation tracker e outras ferramentas de produtividade.
Máis de 1.000 editores de todo o mundo están representados nesta ampliación do contido de Humanidades indexado por Scopus. Entre eles incorporouse o portal de revistas-e Project MUSE ao que a Biblioteca Universitaria facilita acceso dende 2007. Do mesmo xeito ampliouse a cobertura de revistas de Humanidades en idiomas diferentes ao inglés. Así, por exemplo, indexanse 305 revistas en francés, 265 en alemán, 129 en italiano, 119 en castelán, 34 en portugués... Entre as revistas publicadas en España que agora inclúe Scopus figura Sociolinguistic Studies (anteriormente Estudos de Sociolingüística) da Universidade de Vigo. A relación completa de títulos de Humanidades indexados por Scopus pode consultarse en: www.info.scopus.com/ah/?utm_source=ECU001&utm_campaign=&utm_content= .
Calquera investigador ou docente da Universidade de Vigo pode suxerir a Scopus a inclusión de novos títulos para ser indexados. Para iso hai que entrar na páxina "Scopus: suggest a title to be indexed by Scoups" e cumprimentar o formulario que alí se ofrece.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2017
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal