15 abril, 2009 | 23:01:00

Lanzamento de ”Pórtico”, o novo portal de busca en liña do SUG

Como resultado da colaboración entre o Consorcio Bugalicia e as Bibliotecas Universitarias de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, ponse en marcha "Portico", o portal de acceso e busca nos múltiples recursos de información que ofrecen as bibliotecas do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Entre outras ferramentas, a plataforma Pórtico inclúe un metabuscador que permite a organización, recuperación e acceso á información académica nunha contorna heteroxénea de catálogos bibliográficos, libros e revistas electrónicos, bases de datos e outros recursos en internet.

Desenvolvido coa aplicación Metalib, Pórtico é unha plataforma que mellora o acceso á biblioteca electrónica (cos seus recursos dixitais coma revistas-e, libros-e, bases de datos, etc.) e á biblioteca tradicional de recursos impresos localizables polo catálogo OPAC.  A través de buscas integradas, Pórtico permite coñecer os recursos dispoñibles nas diferentes áreas de coñecemento e lanzar sobre eles consultas transversais, ver os resultados dun xeito unificado e enlazar ao texto completo se a Biblioteca dispón del.  Grazas a Pórtico o usuario pode seleccionar os recursos nos que quere facer a súa consulta que o sistema unifica e presenta os resultados eliminando os duplicados.

Ademais do metabuscador, Pórtico inclúe o xestor de enlaces SFX que integra os compoñentes da biblioteca dixital mediante unha tecnoloxía de xeración dinámica de enlaces que facilita medios para obter o texto completo, comprobar se a Biblioteca dispón da versión impresa, solicitar un documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, consultar o factor de impacto, ver a tabla de contidos ou resumos,buscar outros documentos do autor ou exportar citas a Refworks

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal