5 abril, 2009 | 12:45:00

”Vexo Vigo”: exposición bibliográfica na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende

A Sección de Referencia da Biblioteca Universitaria organiza unha nova exposición bibliográfica baixo o título "Vexo Vigo".  A mostra, que se pode visitar desde o pasado 27 de marzo na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), amosa unha selección dos libros que se poden atopar la Biblioteca sobre a cultura, a historia, a arte, as parroquias, os roteiros, etc. da cidade olívica.

Segundo as organizadoras da exposición, "Vigo, urbe rural, rural urbano, non é unha cidade sen máis. É unha suma de barrios e parroquias que teñen o seu peso identitario: Vigo é o centro, e mais Bouzas, Coia, Lavadores, Teis, Travesas, O Calvario, Sárdoma, Castrelos, Oia, Coruxo, Alcabre, Navia... Porén, a defensa doconcepto de "vigués/viguesa" é patente en títulos coma Titanes del viguismo en una ciudad discriminada ou Viguissimos. Coma se a idea de vigués necesitase ser reafirmada; coma se esta identidade múltiple non abondase (vigueses de Alcabre, vigueses de Zamáns, vigueses de Ourense...)".

Achégate á Biblioteca Central para coñecer unha selección dos libros que temos sobre Vigo: postais antigas, fotos de Magar e de Pachecho, historia,  biografías, arte e urbanismo, natureza e paixase...  Vigo nunha ollada.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

junio 2023
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293012
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2023 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal