1 abril, 2009 | 00:10:00

Enquisa ”PREME” de abril: está satisfeito/a coa oferta de recursos electrónicos?

A enquisa de opinión da Biblioteca do mes de abril dedícase á satisfacción dos usuarios coa oferta de recursos electrónicos.  Na actualidade, e grazas tanto á súa participación no Consorcio Bugalicia como ao desenvolvemento dunha política propia de contratación de recursos-e, a Biblioteca Universitaria pon a disposición do seu público unha ampla colección de recursos de informacion en rede. A oferta pode clasificarse en tres grandes categorías: revistas-e, libros-e e bases de datos e portais. Coa finalidade de coñecer o grao de satisfacción que esta oferta electrónica suscita, a Biblioteca prega e agradece aos usuarios e usuarias a sua participación na enquisa.

No apartado de revistas-e é onde a Biblioteca propón unha maior oferta. Así, destaca en primeiro lugar o acceso aos principais paquetes de revistas multidisciplinares: Annual Reviews, Cambridge Journals Online, Emerald, JSTOR, Oxford Journals, Project Muse, Sage Journals Online, ScienceDirect, Springerlink e Wiley Interscience (no que recentemente se integrou Blackwell Synergy). Xunto a iso ofrécense paquetes especializados en ámbitos como a informática (coa ACM Digital Library), a Química (ACS e RSC), a Física (AIP, APS e IOP), a xestión empresarial (Deusto Edición Online) e as enxeñerías eléctrica e electrónica (IEEExplore), ademais das prestixiosas revistas científicas Nature e Science. Poderíase tamén facer referencia ás revistas en acceso aberto (open access), con DOAJ e Biomed á cabeza, e sobre todo ao quiosco de prensa dixital Library Pressdisplay con xornais de todo o mundo (84 países), ademais das edicións dixitais dos principais xornais galegos e españois. Plataformas como a lista A-to-Z ou EBSCOhost Electronic Journals Service permiten ademais acceder a títulos de revistas-e non integradas en paquetes.

No capítulo de libros-e, a biblioteca ofrece acceso á biblioteca de Netlibrary, a enciclopedia Enciclonet e a outras coleccións especializadas como Referex (enxeñería) e Books on Science Direct (en enerxía e medio ambiente), ademais dos proceedings e standards do IEEE, e os proceedings de ACM.

Para rematar, a oferta en bases de datos e portais inclúe tanto as principais bases de datos multidisciplinares (Scopus e Web of Knowledge), como outras bases de datos máis especializadas, varias delas a texto completo (Business Sourcer Premier en ciencias empresariais; Literature Online en literatura anglosaxona; Periodicals Archive Online en artes, humanidades e ciencias sociais; Sportdiscus en deporte e medicina deportiva; ou os portais de dereito Iustel e Tirant On Line. A posta en marcha a principios de 2008 do xestor de enlaces SFX, permite que as referencias bibliográficas das bases de datos poidan conducir ao texto completo no caso da que Biblioteca Universitaria dispoña de acceso á versión electrónica da revista indizada.

Se desexa comezar a enquisa pulse aquí.

Con respecto á pregunta do mes de marzo (satisfacción cos horarios de apertura das bibliotecas) recolléronse un total de 81 enquisas sobre 193 iniciadas. Delas o 38% corresponde ao PDI, o 31% ao alumnado de primeiro e segundo ciclo, o 15% ao PAS, o 11% ao alumnado de terceiro ciclo e o 5% a usuarios externos. Debido ás baixas taxas de resposta os resultados non son plenamente significativos polo que a media de satisfacción (4,19 sobre 5) só se ten en conta con carácter indicativo.
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

junio 2017
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293012
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal