2 xaneiro, 2008 | 10:54:00

Está satisfeito cos edificios das bibliotecas?: pregunta de xaneiro da enquisa´PREME´

Rematado o mes de decembro, a Biblioteca Universitaria continua co desenvolvemento da súa enquisa de opinión PREME (unha pregunta cada mes) dirixida aos seus usuarios.  Neste caso, a pregunta do mes de xaneiro trata sobre os edificios e instalacións bibliotecarias.

Con presenza nos tres campus, a Biblioteca Universitaria está integrada por 11 edificios abertos a toda a comunidade universitaria: Biblioteca Central do campus de Ourense, Biblioteca Central do campus de Pontevedra, Biblioteca Central do campus de Vigo, Biblioteca de Torrecedeira (tamén en Vigo), Biblioteca de Belas Artes (Pontevedra) e as Bibliotecas de Ciencias Experimentais, Ciencias Xurídicas, Económicas e Empresariais, Filoloxía e Tradución, Industriais-Minas e Telecomunicación, todas elas no campus de Lagoas-Marcosende en Vigo.

Coa finalidade de coñecer a opinión dos/as usuarios/as sobre estes edificios, en termos de confortabilidade, amplitude de espazos, estado de limpeza, volume de postos de estudo e traballo, etc., ao longo desde mes de xaneiro formúlase a pregunta: Parécenlle satisfactorios os edificios das bibliotecas da UVigo (confort, amplitude, limpeza, postos de estudo...)?.  Unha vez máis prégase a participacion dos diversos colectivos que forman a comunidade universitaria e, en xeral, de todos os usuarios da Biblioteca.

Doutra banda, con relación a pregunta do mes de decembro (En xeral, está satisfeito co servizo da Biblioteca Universitaria?) recolléronse un total de 226 respostas válidas que amosan un bo nivel de satisfacción xeral: un 2% declarou estar moi pouco satisfeito con servizos bibliotecarios, un 10% algo satisfeito, un 44% bastante satisfeito e outro 42% moi satisfeito (a maiores un 2% dos que responderon figura na categoría "non sabe/non contesta").  Por sectores, do total de persoas que responderon á enquisa, un 43% forma parte do PDI, un 32% do alumnado de 1º e 2º ciclo, un 16% do PAS, un 8% do alumnado de 3ª ciclo e posgrao, e un 1% de usuarios externos. A Biblioteca quere agradecer a todos eles a súa participación así como o elevado grao de suxestións que formularon.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

junio 2017
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293012
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal