26 setembro, 2008 | 13:06:00

”Mercando libros”, o blog da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria

Blogdabiblio compracese en presentar á comunidade universitaria e aos internautas en xeral o novo blog "Mercando libros" xurdido como iniciativa da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria de Vigo.

O novo blog continua o camiño da Biblioteca Universitaria no ámbito do desenvolvemento da biblioteca 2.0 iniciado en marzo de 2008 con Blogdabiblio.  "Mercando libros" quere ser un espazo de achegamento aos usuarios aínda que tamén un lugar para o ocio e a divulgación arredor do libro. Para todo iso declara como os seus obxectivos: difundir a colección da Biblioteca, informar sobre as últimas adquisicións e novidades bibliográficas, e facerse eco das actividades relacionas co mundo do libro.

Esta nova canle de comunicación entre a Sección de Adquisicións e os usuarios da Biblioteca profundiza nun dos obxectivos da calidade da Biblioteca Universitaria para 2008: mellorar e renovar a comunicación cos usuarios cara a obter un maior coñecemento das súas necesidades e expectativas e, deste xeito, ir mellorando o servizo bibliotecario.

Desde un punto de vista interno, "Mercando libros" abre a porta de novos modos de xestión baseados na tecnoloxía 2.0 na medida en que favorece a xestión do coñecemento, a implicación do persoal na mellora do servizo e amplía as vías de comunicación corporativa.

Deamos, pois, a benvida ao novo blog.

Publicado por GMG | Comentarios (0) | Visitas (7918)
Archivado en blog , UVigo
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

julio 2017
LMMXVSD
262728293012
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal