11 xuño, 2008 | 12:58:00

Fusión das plataformas de revistas-e Blackwell Synergy e Wiley InterScience

Dende o día 1 de xullo de 2008 todo o contido das revistas de Blackwell Synergy (incluido o texto completo en HTML e PDF dos artigos de fascículos en curso, arquivos ou backfiles, e fascículos publicados en liña antes que impresos), incorporarase á plataforma Wiley InterScience. Para o fin de semana do 28-29 de xuño de 2008 está programado o período en que ámbalas dúas plataformas non estarán dispoñibles mentres dure a transición e a reindexación de datos.

Despois do 1 de xullo de 2008, a plataforma Blackwell Synergy deixará de estar dispoñible e todo o seu contido incorporarase a Wiley InterScience.  Esta fusión fará que 2 millóns de artigos de arredor de 1.400 revistas-e estean dispoñibles nunha única plataforma. No obstante, lembrase que aínda que as coleccións de revistas-e de Blackwell foron subscritas na súa totalidade polo Consorcio Bugalicia, no caso de Wiley o acceso correspóndese cos títulos do "Wiley Spanish National Consortium" que non inclúe o acceso á totalidade dos títulos publicados pola editorial Wiley.

As URLs que enlazan as revistas actualmente en Blackwell Synergy serán redirixidas a Wiley InterScience, e os sitios web de terceiros (third-party sites) e os resolvedores de enlaces (links solvers) orientados hacia os artigos de Blackwell tamén serán redirixidos. Os enlaces a artigos baseados en DOI, que estaban destinados para ser independentes ou onde o editor pode almacenar o contido, continuarán traballando coma sempre. Máis información en no documento de instrucións elaborado pola Biblioteca.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal