18 abril, 2008 | 13:38:00

O FUTURO DAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS

A Association of College & Research Libraries (ACRL) norteamericana publicou o pasado mes de xaneiro o estudo The ACRL Environmental Scan 2007 sobre o que, ao seu xuízo, vai ser o traballo dos/as bibliotecarios/as e as funcións  das bibliotecas universitarias nun futuro próximo. Máis específicamente sinala dez liñas mestras (as "Top Ten Assumptions for the Future of Academic Libraries and Librarians")…

1. Preocupación pola dixitalización de coleccións e a preservación dixital
2. Evolución das competencias que necesitan os bibliotecarios para desempeñar o seu traballo
3. Unha demanda aínda máis ampla e diversa de recursos dixitais e de servizos bibliotecarios por parte de profesores e alumnos
4. Crecente importancia na educación superior das cuestións relativas á propiedade intelectual que dará orixe a un novo servizo bibliotecario
5. Aumento da demanda de servizos baseados nas tecnoloxías que requirirán financiamento adicional para polos en marcha
6. Preocupación pola rendición de contas e a medición cuantitativa da contribución das bibliotecas á investigación, a docencia e as misións das súas universidades
7. Os estudantes comportaranse cada vez máis como "clientes" da biblioteca requirindo instalacións de calidade, e recursos e servizos axustados ás súas necesidades e intereses
8. Extensión da aprendizaxe en liña que obrigará as bibliotecas universtarias a intregrar os seus recursos e servizos en ditas contornas
9. Máis demanda de acceso libre e gratuíto aos datos e investigacións producidas nas universidade
10. Importancia da protección da privacidade e a liberdade intelectual

 O estudo está dispoñible na web da ACRL en formato pdf.

comentarios

No conocía este estudio, pero me parece muy interesante. Yo no soy bibliotecario, pero sí usuario de bibliotecas. Creo que los profesionales de las bibliotecas deberían tomar buena nota y empezar a prepararse (sobre todo mentalmente).
Publicado por: Bender | 20/04/2008 13:13:34
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal