30 novembro, 2021 | 11:23:00

Informe bibliométrico sobre ás publicacións científicas da UVigo en 2020

A Biblioteca Universitaria presenta As publicacións científicas da Universidade de Vigo. Informe 2020, elaborado a partir dos datos extraídos das bases de datos Web of Science (WOS), Scopus e Dialnet... 

Este estudo foi elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos e nel destacan como datos máis relevantes do ano 2020: 1.730 documentos da UVigo indexados en WoS, 1.797 documentos da UVigo indexados en Scopus, o 82% dos documentos indexados en WoS (1.413 documentos) son artigos publicados en revistas con factor de impacto en JCR (e delas, o 52% está no Q1), case o 49% dos documentos asinados por membros da UVigo indexados en WoS foron publicados xunto a persoas que traballan en institucións doutros países, e o 48% dos documentos foron publicados en revistas en acceso aberto ou híbridas, ou ben están depositados en repositorios públicos.


Incluímos neste informe a evolución nos últimos dez anos dos indicadores de produción, colaboración, acceso aberto e impacto das publicacións. Comparamos tamén estes datos cos das institucións de investigación da nosa contorna, especialmente cos das outras universidades galegas e tres universidades do norte de Portugal (Porto, Aveiro e Minho). Finalmente, debullamos estes indicadores por ámbitos temáticos.


O estudo completo pódese descargar desde a guía de informes e estudos bibliométricos.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

agosto 2022
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2022 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal