7 xuño, 2019 | 12:12:00

A Biblioteca organiza obradoiros sobre ORCID

Biblioteca Universitaria organiza varios obradoiros nos tres campus sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial).  ORCID (Open  Researcher &  ContributorID) é un proxecto sen ánimo de lucro que ofrece un identificador único de 16 díxitos para os autores e autoras de publicacións científicas, pero á vez é un espazo para rexistrar os seus datos e traballos e, se se desexa, compartilos coa comunidade científica...

Esta actividade formativa vai preferentemente dirixida ao persoal investigador que non teña perfil en ORCID, ou que téndoo, necesite mellorar a súa calidade (p. ex. coa carga das referencias bibliográficas das publicacións ou a vinculación con outros sistemas como  Wos ResearcherID-Publons e Scopus AuthorID). O seu obxectivo é concienciar da importancia de unificar a sinatura científica e dunha correcta xestión e mantemento do perfil ORCID polas vantaxes que ten como: a) unificar a autoría do investigador/a asegurando a súa correcta identificación e da súa propia produción científica, ou, b) estar integrado en ciclos de traballo propios da comunicación científica: envío de artigos aos editores, solicitudes de proxectos, etc.  Máis información e inscricións na plataforma Bubela, apartado Biblioteca

Publicado por GMG | Comentarios (0) | Visitas (279)
Archivado en cursos
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2019
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2019 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal