17 novembro, 2015 | 08:37:00

Aperturas especiais de bibliotecas en decembro 2015-xaneiro 2016

Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames e probas de avaliación de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai poñer en marcha unha nova programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 28 de novembro de 2015 e ata o martes 19 de xaneiro de 2016.  As datas e horarios desta programación son os seguintes...

- fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra ás fins de semana de: 28-29 de novembro, 5-6 de decembro (mais o festivo 8 de decembro), 12-13 de decembro, 19-20 de decembro, 2-3 de xaneiro (mais o festivo do 6 de xaneiro), 9-10 de xaneiro e 16-17 de xaneiro.  Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., abrirá tamén a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).

- noites: apertura ata as 3 h. da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra do luns 7 de decembro ao venres 18 de decembro (agás o festivo do 8 de decembro), e do xoves 7 de xaneiro ao martes 19 de xaneiro.

Imaxe: Dan Foy, 20100203-5D2-5127b, en www.flickr.com/photos/orangeacid/4347579138/, (CC BY-NC 2.0)

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal