21 novembro, 2014 | 10:52:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro-xaneiro

Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria ten programada unha nova campaña de aperturas especiais de bibliotecas (nocturnas e de fin de semana). As aperturas comezarán o vindeiro sábado, día 29 de novembro de 2015, e desenvolveranse ata o 15 de xaneiro de 2015 de acordo cos seguintes horarios e datas:

DECEMBRO 2014

Aperturas de fin de semana (sábado e domingo):

- Bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra cun horario de 8:00 a 22:00 horas as fins de semana comprendidas entre o sábado 29 de novembro e o domingo 28 de decembro, ambos os dous incluídos, máis o festivo día 8 de decembro.

- Biblioteca central de Vigo (campus Lagoas-Marcosende): as mesmas datas enriba indicadas cun horario de 9:00 a 22:00 horas.


Aperturas nocturnas (de luns a venres, agás festivos, ata as 3:00 h. da mañá)

- Bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra do 9 ao 19 de decembro.


XANEIRO 2015

Aperturas de fin de semana (sábado e domingo):

- Bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra cun horario de 8:00 a 22:00 horas as fins de semana comprendidas entre o sábado 3 de xaneiro e o domingo 11 de xaneiro, ambos os dous incluídos, máis o festivo día 6 de xaneiro.

- Biblioteca central de Vigo (campus Lagoas-Marcosende): as mesmas datas enriba indicadas cun horario de 9:00 a 22:00 horas.


Aperturas nocturnas (de luns a venres, agás festivos, ata as 3:00 h. da mañá)

- Bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra do 7 ao 15 de xaneiro de 2015.

Imaxe: S.McFarland, "studying up" en Flickr

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal