25 novembro, 2013 | 10:02:00

Programación de aperturas especiais de bibliotecas co gallo dos exames de decembro-xaneiro

Para facilitar á preparación dos exames e probas de avaliación da convocatoria de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai poñer en marcha un novo programa de aperturas nocturnas e de fin de semana nos tres campus a partir do vindeiro día 30 de novembro en Vigo e do día 6 de decembro nos campus de Ourense e Pontevedra...

O calendario e horarios das aperturas son os seguintes:

Apertura nocturna:

- Bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, do 9 ao 19 de decembro de 2013 e do 7 ao 16 de xaneiro de 2014, de luns a venres, agás festivos, ata as 3:00 h. da madrugada.

 
Apertura fin de semana:

- Biblioteca de Torrecedeira (Vigo): fins de semana de 30 novembro-1 decembro, 7-8 de decembro (e o festivo día 6 de decembro), 14-15 de decembro, 28-29 de decembro, 4-5 de xaneiro (e o festivo día 6 de xaneiro) e 11-12 de xaneiro en horario de 8:00 a 22:00 h.

- Biblioteca central de Vigo: fins de semana de 30 novembro-1 decembro, 7-8 de decembro (e o festivo día 6 de decembro), 14-15 de decembro, 28-29 de decembro, 4-5 de xaneiro (e o festivo día 6 de xaneiro) e 11-12 de xaneiro, en horario de 9:00 a 21:00 h. .

- Bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra: fins de semana de 7-8 de decembro (e o festivo día 6 de decembro), 14-15 de decembro, 28-29 de decembro, 4-5 de xaneiro (e o festivo día 6 de xaneiro) e 11-12 de xaneiro en horario de 8:00 a 22:00 h.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal