27 abril, 2012 | 13:28:00

Mostra fotográfica de ”Retratando Libros” na Biblioteca Central de Lagoas-Marcosende

Lectores concentrados, lectores despistados, gatos entre libros, libros entre fíos, as librarías máis belas do mundo, as máis humildes, a lectura cálida do fogar ou a fría dunha rúa... En Exipto, en Etiopía, Marrakech, Praga, Azores, Ares, Vigo... todo está en "Retratando libros", a mostra fotográfica que dende o 23 de abril, Día do Libro, pode verse na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende da UVigo.

A mostra parte dunha selección de 28 fotografías de entre as case 200 que compoñen o álbum "Retratando Libros" en Flickr, e son un perfecto exemplo do que esta iniciativa quixo ser dende o seu comezo en 2008: unha invitación a retratar o mundo do libro, en calquera contexto, sen mais. A todos os que participaron neste álbum vai dedicada esta mostra que estará aberta ata finais de maio ao longo do horario habitual da biblioteca.  Achégate!

"Retratando Libros" segue aberto en Flickr e agora tamén en Facebook.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal