13 decembro, 2011 | 14:10:00

Calendario de aperturas especiais en xaneiro 2012

Con ocasión da convocatoria de exames e probas de avaliación do primeiro período (do 10 ao 21 de xaneiro de 2012) de acordo co calendario escolar deste curso aprobado polo Consello de Goberno da UVigo, a Biblioteca Universitaria vai levar a cabo a ampliación dos seus horarios de apertura nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra a partir do vindeiro 7 de xaneiro...

Estes horarios especiais inclúen a apertura nocturna (ata as 3:00 h. da madrugada), de luns a venres, das bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra desde o 9 ao 20 de xaneiro de 2012.

Por outra banda, programáronse tamén aperturas nas fins de semana do 7-8 e 14-15 de xaneiro de 2012.  Estas aperturas (sábados e domingos) terán lugar nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, cun horario ininterrompido de 8:00 a 22:00 h.  Como reforzo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá nesas mesmas datas en horario de 9:00 a 21:00 h.

Así mesmo, co gallo da modificación das datas do período de exames da Escola de Enxeñaría Industrial, a biblioteca de Torrecedeira e a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende abrirán tamén a fin de semana do 21-22 de xaneiro cos mesmos horarios enriba indicados para cada unha delas.

comentarios

Os vindeiros días 3, 4 e 5 de xaneiro a biblioteca de Torrecedeira e as Bibliotecas Centrais de Ourense e Pontevedra amplían o seu horario de apertura dende as 9:00 ata as 00:00 h.
Publicado por: pazc | 02/01/2012 12:33:07
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

marzo 2017
LMMXVSD
272812345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal