7 setembro, 2011 | 08:45:00

Enquisa PREME de setembro-outubro: a satisfacción cos horarios bibliotecarios

Co inicio do novo curso, a Biblioteca Universitaria continúa co seu programa de enquisas de satisfacción dos seus usuarios/as, PREME.  Nesta ocasión a pregunta da enquisa trata dos horarios da Biblioteca.

A Biblioteca conta con dous tipos de horarios: o horario ordinario, de luns a venres desde as 8:30 ás 21:00 horas (nalgunhas bibliotecas o peche prodúcese ás 20:30 h.), e os horarios extraordinarios (nocturnos e de fin de semana) con ocasión das probas de avalación e os exames do alumnado.

A pregunta "Está vostede satisfeito/a cos horarios ordinarios e extraordinarios de apertura da biblioteca?" estará dispoñible ata o vindeiro 31 de outubro. Do feito que un servizo de calidade non é posible sen a participación do seu público, a Biblioteca anima aos seus usuarios e usuarias a colaborar na enquisa contestando a esta pregunta.  Para iso basta con acceder ao formulario web e responder ao cuestionario a través dun reducido número de clics.

Os horarios ordinarios das bibliotecas poden consultarse na páxina web da Biblioteca. Pola súa banda, os horarios extraordinarios son comunicados á comunidade universitaria vía correo-e, mediante carteis nas bibliotecas e, tamén, por medio de Blogdabiblio.

Foto: Greg Smith, "Indigo Time", Flickr, http://www.flickr.com/photos/pragmatic/495083292/

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal