20 abril, 2011 | 12:06:00

Conferencia Universidade 2.0: en busca da innovación educativa

O vindeiro 12 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, vai ter lugar a 1ª Conferencia Universidade 2.0. A conferencia oriéntase a compartir experiencias e suscitar debates ao redor da aplicación das tecnoloxías 2.0 no ámbito da educación superior e conta coa participación das tres universidades galegas e das súas correspondentes bibliotecas integradas no comité organizador.

Como apunta o Presidente do Comité Organizador, o profesor Miguel Merino, da Universidade de Vigo, aínda que o uso das ferramentas e potencialidades da tecnoloxía 2.0 é habitual entre o profesorado e o alumnado universitario, o certo é que, por regra xeral, permanecen ausentes das políticas das institucións da educación superior. As prácticas de uso intensivo de medios sociais e de servizos de cloud computing con frecuencia entran en conflito coas plataformas tecnolóxicas das universidades baseadas en gran medida en sistemas pechados e centralizados. Esta situación invita a plantexarse a necesidade de introducir cambios por canto a cultura dixital e as novas políticas do Espazo Europeo de Educación Superior fan urxente desenvolver nas universidades galegas unha verdadeira cultura de innovación con modelos organizativos flexibles baseados na experimentación continua e o pensamento creativo. A Conferencia Universidade 2.0 expón estes debates cos mellores expertos mediante conferencias, mesas redondas e obradoiros os cales permitirannos ter unha visión máis práctica do uso destas tecnoloxías.

Pode atoparse máis información na web da conferencia, incluídos, entre outros, o programa da conferencia e o procedemento de inscrición na mesma.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2017
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal