22 marzo, 2011 | 11:02:00

Lanzamento da nova WoK 5.2

A FECYT informa que a finais deste mes de marzo estará dispoñible a nova WOK 5.2. Entre as novas funcionalidades e melloras que incorpora a plataforma pódense sinalar as seguintes:

- Truncamento a man esquerda dun termo. Por exemplo:  *hydroxy* recupera  Dihydroxylation, Dihydroxylations, Dihydroxylated, Aminohydroxylation.
-  Recuperación das distintas variacións dunha palabra: recupera a palabra singular e plural (p.ex. mice e mouse), a palabra en inglés británico ou americano (colour ou color) e outras variacións dunha palabra.
-  Eliminación de palabras non buscadas: agora pódese buscar  "Vitamin A".
-  Novo operador "NEAR" ( osmium "near/5", por exemplo) para determinar a proximidade dun termo a outro nun rexistro.
 -  Buscar os nomes completos dos autores.
-  Os resultados ordenaranse automaticamente por ano de publicación e non pola data de indexación.
-  Máis opcións para ordenar os resultados (do máis antigo ao máis actual).
-  Eliminación do límite de resultados das buscas.
-  Refinar e analizar todos os resultados sen límite.
-  Visualización dos abstracts na páxina de resultados.
-  Crear un informe de citas da lista marcada.
-  Total global de citas. As veces que foi citado un artigo, agora inclúe as citas de todas as fontes de citas na WOK (Web of Science, Biosis Citation Index e Chinese Citation Index).  Pódese ver o total de citas de todas as bases e o total pola base individual.
-  Buscar  artigos co Researcher ID de autores (visite www.researcherid.com).

Para máis información sobre a WoK 5.2 consulta en: http://www.accesowok.fecyt.es/?page_id=2633

comentarios

A FECYT acaba de informar que este domingo, día 27 de marzo, xa estará dispoñible a nova versión da Web of Knowledge 5.2. A partir dese momento, ao entrar na páxina principal da WoK aparecerá un enlace para poder acceder e buscar na nova versión. Por mor desta modificación é posible que durante uns días prodúzanse algunhas interrupcións. A FECYT pon a disposición dos usuarios da WoK unha dirección de correo á que dirixirse para solucionar calquera incidencia que por ese motivo se produza: infowok@fecyt.es.
Publicado por: GMG | 25/03/2011 10:38:25
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal