10 maio, 2010 | 12:17:00

Aperturas especiais de bibliotecas da Uvigo en maio, xuño e xullo

Como en cursos anteriores, con motivo dos exames do segundo cuadrimestre e da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria vén de poñer en marcha os horarios especiais de apertura, tanto de noites como de fins de semana.

As devanditas aperturas especiais inclúen, por unha banda, as aperturas das fins de semana comprendidas entre o sábado 8 de maio e o vindeiro domingo 11 de xullo.  Estas aperturas teñen lugar nas Bibliotecas de Torrecedeira (Vigo), Central de Ourense e Central de Pontevedra cun horario de 8 a 22 horas durante os meses de maio e xuño, e de 9 a 19 horas durante o mes de xullo.  Como reforzo, durante as mesmas datas ábrese tamén a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) cun horario de 9 a 21 horas durante os meses de maio e xuño, e de 9 a 19 horas en xullo.

Do mesmo xeito, estas catro bibliotecas abrirán, con ese mesmo horario, o vindeiro luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Doutra banda, a partir de hoxe, 10 de maio, e ata o vindeiro 14 de xullo,  a Biblioteca Universitaria levará tamén a cabo aperturas nocturnas nas Bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra.  Estas aperturas pola noite desenvolveranse dacordo cos seguintes horarios (de luns a venres):

- Biblioteca de Torrecedeira e Biblioteca Central de Ourense, ata a 1 da madrugada en maio e xuño, e ata as 0 horas en xullo;

- Biblioteca Central de Pontevedra, ata as 3 da madrugada en maio e xullo, e ata as 0 horas en xullo.

comentarios

Buenos días,
La Biblioteca Central de la Universidad de VIgo no abría hoy???Me imagino que al final abre para la semana que viene, no?(horario fin de semana)
Es que pone el 8 de mayo y eso es un martes.... Abren mañana y hoy no?? Gracias
Publicado por: shaila | 05/05/2012 12:29:23
Tienes toda la razón, se trata de un error. La Biblioteca Central de Pontevedra abre hasta las 3 de la madrugada, de lunes a viernes (días laborables). Disculpa.
Publicado por: pazc | 13/05/2010 20:40:58
Por favor, poderían indicar o horario de apertura da Biblioteca Central de Pontevedra entre semana no periodo de "horario extraordinario"? É que sae a Biblioteca de Ourense dúas veces e penso que ten que ser un erro! Graciñas.
Publicado por: bryseyda | 12/05/2010 20:22:43
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

julio 2017
LMMXVSD
262728293012
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal