3 maio, 2010 | 14:50:00

Enquisa PREME: a satisfacción co trato e atención recibido do persoal

Para a Biblioteca Universitaria, a medición da satisfacción dos seus usuarios e usuarias constitúe unha preocupación principal.  Con esta finalidade, a Biblioteca desenvolveu o seu sistema de enquisas "PREME" que, desde xaneiro de 2010, se leva a cabo con periodicidade bimestral.  Neste caso, para o  período maio-xuño, a pregunta que se formula trata da percepción dos usuarios/as sobre o trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.

No anterior bimestre (marzo-abril) , a pregunta versou sobre o grao de satisfacción cos edificios das bibliotecas. A pregunta foi iniciada en 340 ocasións, aínda que a porcentaxe de enquisas completadas foi dun 44% (150 preguntas respondidas). Por colectivos foi o alumnado de 1º-2º ciclo/grao o que máis respondeu (51% do total de respostas obtidas), seguido polo PDI (24%), o PAS (10%), o alumnado de 3º ciclo/posgrao (9%) e os usuarios externos (6%). O nivel medio de satisfacción expresado por este conxunto de usuarios/as cos edificios foi de 3,75 sobre 5. A Biblioteca agradece a todos eles a súa participación.

Ao longo destes meses de maio y xuño vai estar a disposición do público a pregunta "está satisfeito/a co trato e atención que recibe do persoal da biblioteca?".  Unha vez máis a Biblioteca solicita a colaboración de todos e anima a responder á enquisa. De igual forma, coa finalidade de obter resultados máis representativos, prega aos que respondan á enquisa que se aseguren de que completan a mesma. Para iso, unha vez respondidas as preguntas (e, no seu caso, tras formular suxestións), hai que premer no botón "entregar enquisa" para completala.
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

julio 2017
LMMXVSD
262728293012
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal